venres. 09.05.2025
El tiempo

Laxe abre a campaña de recollida de roupa "Vístesme?"

Laxe abre a campaña de recollida de roupa "Vístesme?"
A Concellería de Benestar Social, Cultura, e Protección Civil do Concello de Laxe, abre hoxe 15 de decembro a campaña de Recollida de roupa co lema: Vístesme? Unha vez rematada a campaña de recollida de roupa, o Concello de Laxe entregaralle a roupa á Fundación Amigos de Galicia, onde o persoal seleccionará as prendas que aínda se poden utilizar e clasificaranas por idades e estación. Como resultado da demanda recibida no Concello de Laxe durante a Campaña de Recollida de Xoguetes do Nadal do ano pasado, este ano, inauguran esta Campaña de Recollida de Roupa, sendo conscientes de que nas nosas casas moitas veces temos roupa que xa non utilizamos ben porque xa non nos sirve ou mesmo porque a temos “aburrida”... pero que, sen embargo, está en bo estado. Os puntos de recollida do Concello de Laxe, estarán situados na Casa do Concello, a C.P.I. Cabo da Area, a Escola Unitaria de A Torre, a Escola Unitaria de Traba.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Laxe.

Comentarios