Venres. 26.04.2024
El tiempo

Laxe abre ca Festa do Peñón a Semana da Música

Laxe abre ca Festa do Peñón a Semana da Música

Doble cita cultural esta semana en Laxe coa Festa do Peñón e a Clausura da Escola Municipal de Música.

Festa do Peñón

A Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe, organiza hoxe luns 13 de xuño, a tradicional Festa do Peñón.

Este ano a festa ten claras intencións de contribuír ao sostemento e mantemento desta romaría de marcado popular que todos os anos se dá cita na Braña de Soesto, onde familias enteiras se reúnen para compartir unha xornada campestre onde non faltan as comidas típicas desa Festa, a música e os xogos entre os máis pequenos, será ambientada a partires das 18 horas pola Charanga o Vendaval, protagonistas da actuación que terá algo máis dunha hora de duración.

Clausura da Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música de Laxe celebra esta semana a clausura do curso 2010/2011 celebrando a tradicional Semana da Música cunha programación especial.

A idea da escola segue a ser a de poñer a disposición dos diferentes espazos da Cultura e a Educación as aportacións e propostas que se xeren no campo da música. Deste xeito dende a Escola buscan impulsar e desenvolver un proxecto que incida no tecido educativo e implique o interés neste ámbito.

Para contribuír satisfactoriamente a ampliar estes obxectivos, e poñernse en contacto con un público mais crítico e máis participativo, desde o Concello de Laxe programaron varias actividades musicais para os vindeiros días:

  • O venres 17 ás 11.30 horas o alumnado do Instituto de Laxe disfrutará dun concerto didáctico da man de Carlos Childe. O veterano músico galego ven de converterse recentemente no “telonero” de John Mayall, no único concerto que o mítico bluesman británico ofrecerá en Galicia o xoves 16 de xuño no Palexco.
    O concerto didáctico, concibido e destinado especificamente para o público xove, constitúe unha potente acción educativa que lle permitirá os asistentes acceder a música nas mellores condicións posibles de interpretación e producción.
  • O sábado 18 ás 18.00 horas celebrarase o Festival de Clausura coas actuacións dos propios alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Laxe. Será no salón de actos municipal e a entrada será libre e gratuíta.
    Durante a duración do acto o público asistente poderá comprobar os grandes progresos musicais adquiridos polos artistas durante os últimos meses de traballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Escola de Música de Laxe, da man do Mestre Víctor Manuel García Pose.

Comentarios