Máis de 50 d@s mellores micólog@s do estado encontraranse en Laxe
10:05 24/10/23
Segue demostrando a micoloxía que pode ser un fenomenal argumento para desestacionalizar o noso sector turístico cada outono. De feito, a Costa da Morte acollerá, entre o 5 e o 10 de decembro, o “Encontro da Sociedade Ibérica de Micoloxía”.
Esta iniciativa que está organizada pola Federación Galega de Micoloxía, reunirá a máis de 50 dos mellores micólogos e micólogas de toda a península ibérica para estudar os fungos da Costa da Morte, un lugar que conta con especies singulares na xeografía galega.
Nas vindeiras datas coñecerase o programa completo destas xornadas.