Laxe celebra o Día das Actividades Municipais
A Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe, organiza para mañá día 21 de maio, a novena edición do Día das Actividades Municipais na Rúa, que debido aos seus elevados índices de participación e asistencia, vénse a converter xa nunha das actividades con carácter estable celebradas na vila.
Coa finalidade de achegar á rúa as actividades practicadas nas diferentes Escolas Municipais, particularmente as Deportivas e Musicais, así coma abrir as posibilidades de participación a aquelas persoas, fundamentalmente, que durante o curso escolar non participan directamente nas Escolas Municipais, celebran este día, dende fai nove anos, durante o mes de maio.
A cita terá lugar mañá na Praza dos Voluntarios (pavillón municipal en caso de choiva), de 11 a 14 horas da mañá, onde todos aqueles que se acheguen, sen excepción de idade poderán desfrutar de diferentes alternativas de actividades: obradoiros de música e chaveiros de gomaeva, 2 hinchables, así coma diferentes actividades de carácter deportivo na que os participantes poderán poñer a proba as súas habilidades en diferentes disciplinas.
Liñas de bus
Así mesmo, dende o concello facilitaremos á chegada ao punto de encontro sinalado con liña de autobús que fará percorrido por todas as parroquias. As paradas serán as seguintes:
- 10:15h Mórdomo.
- 10:20h Panadería Traba.
- 10:25h Boaño .
- 10:30h Matío.
- 10:35h: Aprazaduiro.
- 10:40h: Coéns.
- 10:45h: Torre, Cruce Castrelo e Serantes.
Coincidindo co remate da actividade, ás 14:00h o autobús fará percorrido de regreso por todas as parroquias.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Laxe.