O sábado 3 de febreiro ás
11.00 horas, o
Museo do Mar de Laxe acolle un
taller de cociña titulado "Cociña e Innovación" co que a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, a través do
programa Reláxese 2018, pretende promover a innovación na cociña e ofrecer novas experiencias culinarias.
A expectación é máxima porque a demostración en vivo estará
dirixida polo prestixioso cociñeiro Iván Domínguez, chef do restaurante Alborada (A Coruña), con especial conexión ó noso Concello de Laxe.
A actividade é de balde para o público, e está dirixida tanto ó sector hostaleiro, coma a tódalas persoas interesadas en coñecer as últimas técnicas e innovacións de cociña.
Novas relacionadas