Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Laxe crea a Asociación ComerLaxe e propón a implantación da marca de calidade SICTED para o Xeodestino Costa da Morte

Laxe crea a Asociación ComerLaxe e propón a implantación da marca de calidade SICTED para o Xeodestino Costa da Morte
Asociacion ComerLaxe logo

Interesantes reunión esta semana en Laxe para o sector turístico. O martes 6 de febreiro terá lugar a asemblea xeral para poñer a andar a Asociación de Comercio e Hostalería “Comerlaxe”. A partir das 20:00h representantes dos sectores comercial e hostaleiro de Laxe acodirán á Asemblea Xeral no Museo do Mar de Laxe para a posta en funcionamento da propia entidade.

Pero ademais, estes días o Concello de Laxe vén de enviar á CMAT unha proposta para implantar a marca de calidade SICTED no Xeodestino Costa da Morte. A concellería de Turismo de Laxe entende que é necesario seguir facendo investimentos na bisbarra para convertirse en referente. Valora as propostas da CMAT en materia formativa pero entende que é difícil calcular os resultados por carecer dunha liña temática condutora e dun plan director.

Valoran que a aposta formativa non ten un control de calidade, e por iso apunta que un sistema de calidade sería o único xeito de proporcionar confiianza no momento de certificar calquera proceso formativo. “É desexable nun proceso de planificación intelixente que as inversións realizadas en plans formativos repercutan no prestixio e imaxe da marca do conxunto territorial implicado”, apuntan.

Por iso propoñen a aplicación da metodoloxía do Sistema de Calidade de Turismo en Destino (SICTED), que “proporciona un sistema integral e permanente de xesión da calidade, cun enfoque cara a mellora contunia e unha actitude de recuperación e posta en valor dos recursos, baseándose nunha conciencia integral do destino e identificadno os obxectivos comúns dos axentes implicados”.

O sistema conta con 33 manuais de boas prácticas, permite distinguir a superior calidade dos establecimentos adheridos, incrementa a satisfacción dos turistas e fomenta a fidelización dos mesmos, e incrementa a implicación do empresariado no desenvolvemento do destino.

Apuntan que a Costa da Morte tería que asumir o ciste dun soldo do persoal técnico (posible sufragado por axudas da Xunta ou da Deputación), pero poderíase chegar a obter Premios que visibilizarían a comarca.

O Concello laxeiro propón ademais a creación dunha oficina técnica dende a que se poidan xestionar a implantación do modelo que podería ter sede en Laxe.

Fonte

Comentarios