![Imaxe do Rosario da Boa Morte de Laxe nos anos 90]()
Imaxe do Rosario da Boa Morte de Laxe nos anos 90-Imaxe-TVG
Xa están publicadas
na páxina web oficial do Concello de Laxe ás bases para participar no I Concurso de Carteis "Rosario da Boa Morte", convocado pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe.
O obxectivo do mesmo é favorecer a expresión artística dos participantes e ó mesmo tempo promover a difusión do "Rosario da Boa Morte", que é
o acto máis tradicional e concurrido da vila de Laxe durante as celebracións de Semana Santa.
Os deseños -máximo 3 por persoa- achegaranse á Concellería de Turismo,
ata o 28 de febreiro, en formato impreso e tamaño A3. Xunto a eles a folla de participación, tamén dispoñible dende a web municipal
www.concellodelaxe.com.
O traballo premiado imprimirase e será empregado para facer a difusión turística do Rosario da Boa Morte para este ano 2018.
O Concurso, integrado no
programa de actividades reLAXEse 2018, ten unha
dotación económica de 200 €.
Novas relacionadas