O BNG de Bergantiños fai balance e sae reforzado dos comicios

09:25 26/05/11

O Consello Comarcal do BNG de Bergantiños, reunido onte, fixo balanzo dos resultados do domingo. Aínda que recoñecen que no conxunto da comarca hai unha pequena perda de votos (o BNG baixa do 25.16% de votos hai catro anos ao 24.75%), a dirección lembra que é "o segundo mellor resultado, en números absolutos, do BNG de Bergantiños en toda a súa historia".
O BNG valora moi positivamente a consecución de tres dos obxectivos centrais da campaña electoral na comarca:
- "O reforzo da alcaldía de Carballo, localidade na que o BNG obtivo o mellor resultado da súa historia, afianzándose como referencia clara do voto urbano (onde obtivo máis do 50% dos sufraxios)".
- "A obtención de representación, por primeira vez na historia do BNG, no Concello de Laxe, onde ademais o nacionalismo será decisivo na conformación do próximo goberno municipal.
- "A obtención, por segunda ocasión consecutiva, dun dos deputados provinciais que corresponden á comarca de Bergantiños".
Repaso en QPC
En QPC xa nos puxemos a repasar a actualidade de todos os concellos. Se ben hoxe xa vimos como están as cousas en Malpica (con todas as variantes posibles), estes días falaremos de outros concellos da zona de Bergantiños como Laxe.
Repaso Concello a Concello
- Os comicios en Malpica: Todos os pactos son posibles.
- Os comicios en Cee: A oposición buscará evitar a renovación do alcalde.
- Os comicios en Corcubión: “O pobo falou”.
- Os comicios en Vimianzo: Borrón e conta nova.
- Os comicios en Carnota: Cambio de goberno a tiro de pacto.
- Os comicios en Fisterra: Máis votos que votantes nunha longa noite que mantén a maioría do PP.
Máis información sobre os Resultados
- Resultados das Eleccións 2011.
- Comparativa en IkiMap dos Resultados de 2007 e 2011.
- IkiMap cos Resultados das Eleccións 2011.
- Táboa cos Resultados das Eleccións 2011.
- Primeiras valoracións dos Resultados das Eleccións 2011.
- Valoracións Eleccións 2011: O gusto polas Orquestas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).