venres. 09.05.2025
El tiempo

O verán comeza en Laxe a golpe de músicas do mundo

O verán comeza en Laxe a golpe de músicas do mundo
Nenos do mundo en Laxe Fantástico Festival de Músicas do Mundo para cativos en Laxe

Moi interesante a proposta Centro de Actividades Extraescolares Colaxe. I é que celebrará o fin do curso, pero sobre todo o comezo do verán cun Festival de Músicas do Mundo. A cita será o sábado 22 de Xuño de 17:00h a 19:30h, coa actuación especial: Clave de Fado (música portuguesa) e a entrada custará 5 €.

Será unha boa ocasión para recibir o verán (a ver se Lorenzo se entera…) bailando, cantando, tocando e xogando.

Triple sesión de concertos

Ademais, a banda de fados aproveitará a súa visita para facer dous concertos, no Pub Ventana de Laxe. O sábado 22 ás 00:00h e o domingo 23 ó mediodía repetirán na "sesión vermú" ás 13:00h.

Pero antes, o venres 21 de vuño ás 23:30h, A venta acolle o concerto multicultural de Sidonia, con fado, blues, cantiga, boleros, áfrica... miscelanea musical.

Aquí vos deixamos con Clave de Fado:

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Centro Colaxe.

Comentarios