Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP homenaxea a Manuel Varela e Antonio Castro, primeiros alcaldes populares da democracia

MANUEL VARELA REY primeiro alcalde da democracia en CARBALLO
Manuel Varela Rey, primeiro alcalde popular da democracia en Carballo
O PP homenaxea a Manuel Varela e Antonio Castro, primeiros alcaldes populares da democracia

Emotivo evento o organizado esta pasada noite polo Partido Popular da provincia da Coruña. Unha homenaxe aos primeiros alcaldes populares da democracia, entre os que nos faltaron Manuel Varela Rey (alcalde en Carballo dende 1991 e ata o ano 2003, alcanzando tres maiorías absolutas consecutivas) e Antonio Castro Lema (alcalde de Laxe durante a transición democrática, presentándose ás primeiras eleccións locais de 1979, empezando a súa andaina política como alcalde do Concello de Laxe ata o 1999).

ANTONIO CASTRO primeiro alcalde da democracia en LAXE
Imaxe da homenaxe a Antonio Castro

Diego Calvo, presidente provincia do partido manifestou que “Hoxe queremos darvos un agradecemento auténtico, feito con humildade e de corazón. Hoxe queremos, en definitiva, facer as cousas como nos ensinastes vós”, recoñeceu.

Comentarios