Luns. 18.11.2019
El tiempo

Os Rap-osiños de Laxe directos á final do certame Quero Cantar

A rapazada dos Rap-osiños de Laxe
A rapazada dos Rap-osiños de Laxe
Os Rap-osiños de Laxe directos á final do certame Quero Cantar

O talento costeiro dos rapaces da Escola Municipal de Música de Laxe levounos á final da IV edición do Concurso de Quero Cantar que a Deputación Provincial da Coruña convocou para este ano 2019. Nuns clásicos xa se están a converter os laxenses nestes certames pois o ano pasado a Rap-azada de Laxe conseguía meterse na final, e a primeira e os gañadores da primeira edición foron a familia Colaxe.

O grupo que se presentou ó concurso, Os Rap-osiños, está composto por 12 rapaces pertencentes á Escola Municipal de Música de Laxe que dirixe Victor Manuel García Pose, profesor de dita escola dende o ano 2003.  O tema que presentaron, titúlase Panchita Blues, unha peza musical, visual e vocal creada e composta por e para dito concurso, baseada na historia real da existencia da personaxe inspiradora, "Panchita", unha de tantas raposas que visitaba o Concello de Laxe hai anos.

A gala final terá lugar o próximo domingo 24 de novembro no Teatro Colón da Coruña, onde os Rap-osiños de Laxe, xunto cos outros 5 finalistas, interpretarán en directo o seu tema e un xurado elixirá ese día aos tres gañadores.

Ós premios ós que optan, ademáis da gravación en estudio da canción e edición no CD denominado Quero Cantar 19son os seguintes:

- 1º clasificado en cada categoría:
Gravación dun videoclip da canción gañadora
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.500,00 €.

- 2º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 1.000,00 €.

- 3º clasificado en cada categoría:
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil, xogos..) por valor de 500,00 €

Novas relacionadas

Comentarios