Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rematadas as obras da Senda Peonil de Laxe

Senda en Laxe
Rematadas as obras da Senda Peonil de Laxe

Xa está completamente lista a senda peonil e ciclista de 800 metros que conecta a zona escolar e deportiva de Cabo dArea coa vila de Laxe. A senda consta de dous treitos, comezando o itinerario principal polo extremo da praia pola marxe dereita desta vía ata a vila. O segundo tramo desenvólvese paralelo ao Rego dos Cabalos que conecta co paseo marítimo e carril bici.

Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Ramón Vazquez y Reino S.L. por importe de preto de 225.000 euros.

Senda peonil por Laxe

Novas relacionadas

Comentarios