Somos Laxe. A nova agrupación electoral dos veciños cabreados de Laxe

07:55 31/10/14

Este sábado 1 de novembro, terá lugar unha das primeiras citas públicas da nova comunidade Somos Laxe. O local social de Traba acollerá a partir das 19:00h a Asemblea aberta a toda a veciñanza, para tratar os temas que atinxen ao pobo laxense.
Somos Laxe é “unha agrupación electoral formada por veciños que, descontentos coas alternativas políticas, queren ser protagonistas na vida municipal e na toma de decisións políticas, dun xeito máis democrático e asambleario. Dende abaixo”, explican.
Por iso, abren as portas a que toda a xente con gañas e iniciativa, pasen a facer política en vosz da cidadanía.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).