Un novembro completo en Laxe
14:44 05/11/10
A Concellería de Cultura do Concello de Laxe mantennos informados das actividades que está a realizar neste mes de novembro. Mes no que continúan as clases, no seu horario habitual, de ximnasia de mantemento, deporte, pilates, patinaxe, fúltbol, ximnasio... e outras máis! Entre elas as da Escola Municipal de Música, que se desenvolven no baixo do edificio de protección civil e no local de Soesto.
Apuntan ademais que ainda quedan prazas vacantes, polo aínda se poden inscribir no Pavillón municipal a partir das 16:30 hs.
A primeira das actividades este mes terá lugar o domingo 7, hai saída da Escola de Teatro ao Centro Cívico de Caranza (Ferrol). Alí actuarán os grupos de primaria e adultos ás 18:00 hs.
Para o sábado 13 terá lugar a Celebración de Magosto Popular na parroquia de Laxe: Actuación da Asociación Cultural Maruxía e reparto de castañas e bebida de balde. Será ás 19:00h no Patio cuberto Parvulitos.
O domingo 28 toca celebración de Patrona da Música “Santa Cecilia” cun Concerto Musical en Familia co Grupo Campo de Estrelas. Será ás 19:30h no Salón de Actos.