150 nadadores preparan xa a Travesía Illas Sisargas


Hoxe venres 1 de maio ábrese o prazo de inscrición para a VI Travesía a nado Illas Sisargas - Malpica. A cita será o domingo 9 de agosto, unha dura proba a mar aberto cunha distancia de 4,2km na que poderán participar 150 nadadores.
Unha cita singular, sen lugar a dúbidas, que paraliza a vila de Malpica durante toda a xornada dominical, e que permite que centenar e medio de bravos nadadores culminen a dura proba e pisen as virxes Illas Sisargas.
Máis información e inscrición
Poden consultar máis información en www.travesiasisargas.com e confirmar a súa presencia a través do correo travesiasisargas@gmail.com.
Aquí quedan os dous vídeos das últimas dúas edicións:
V Travesía a Nado Islas Sisargas-Malpica from Club Travesía Sisargas on Vimeo.
Travesía Sisargas-Malpica 2013 from Daniel Almeida Visuals on Vimeo.
Novas relacionadas
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Dous pontecesáns na proba de aventura máis esixente do mundo.
- Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Recunchos da Costa: As Illas Sisargas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).