A Escola Infantil de Malpica estará o vindeiro curso en marcha

08:02 05/11/13

Aló por xuño coñecíamos o proxecto da posta en marcha dunha escola infantil en Malpica. Parece que a cousa vai vendo a luz e onte o DOG facía pública a licitación de obra para a contratación das obras da construción das tres unidades da escola infantil.
O orzamento ronda os 400.000€ e prazo de execución é de 8 meses polo que se espera que estea en marcha para o curso 2014/2015.
Novas relacionadas
- 17-06-13: Malpica terá a súa primeira Escola Infantil.
- De talleres por Malpica.
- O Samaín crece dende a escola.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).