A Mostra da Olería sae de Buño
08:17 17/07/18
Co fin de promover a XXXV edición da Mostra da Olería de Buño, o oleiro José Antonio Corral - oleiro oficial do Museo Forno do Forte - desprazarase esta semana Santiago de Compostela e a Carballo para facer unha exhibición do traballo do Oleiro elaborando pezas propias da Olería de Buño. Ademais, os organizadores repartirán entre os asistentes a programación relativa á Mostra que será do 20 a 29 de xullo.
Así estarán na Alameda de Santiago de Compostela mañá mércores, entre ás 18:00 e as 20:00 horas, e o xoves visitarán a praza do concello de Carballo entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])