Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Tralla arrinca o curso cun triplete de monólogos con grandes do país

A Tralla arrinca o curso cun triplete de monólogos con grandes do país
Monologos da Tralla en Malpica

En marzo a A.C.Tralla de Malpica comeza as actividades para ir quecendo motores de cara ao Nordestazo Rock. E o fan organizando un ciclo de monólogos con tres dos grandes do noso pais. Citas que se desnvolverán no Pub Jofra.

Será o primeiro, o que empezou todo esto da moda dos monólogos en Galicia, Quico Cadaval, o que abra o ciclo de monólogos o venres 14 de marzo a partir das 22:35h.

O sábado 22 de marzo será o mazaricán Fede Pérez Rey, coñecido pola súa participación en diversos programas da TVG, o que suba ao estrado para falar en clave costeira e sacar as risas de todos os presentes.

E para rematar este primeiro ciclo do 2014, será Evaristo Calvo o que traia o vindeiro sábado 29 de marzo, ás 23:35h, o seu espectáculo "O turista Madrileño".

En breve poranse á venda ás entradas (6 anticipada e 8 en taquilla) no propio Jofra, no Elemoba ou no Belle Epoque de Carballo. Ademais, poden preguntar por elas no 646 505 604.

Novas do Nordestazo

Fonte

Comentarios