Xoves. 16.09.2021
El tiempo

Un alegre "ata logo" aos divertidos campamentos de verán de Malpica

Campamento Veran malpica
Un alegre "ata logo" aos divertidos campamentos de verán de Malpica

O Concello de Malpica e a Deputación da Coruña despediron onte unha edición máis do Campamento Urbano Malpica 2021, organizado para promover a conciliación da vida familiar e laboral e destinado ás crianzas de 4 a 12 anos. Tivo lugar do 2 ao 31 de agosto e participaron 27 nenas e nenos. A actividade contou co financiamento do Fondo Social do Plan Único da entidade provincial.

O campamento, que permitiu a conciliación, intentou usar a rúa como espazo de uso público, facendo actividades como xogos de presentación e cooperativos, papiroflexia, xogos na praia (participando no XX Concurso de Barcanas e Castelos) ou accións de sensibilización musical e igualdade de xénero.

Malpica 2

comentarios