Cerqueda demostrará que hai canteira tradicional coa I Foliadiña


Por séptimo ano consecutivo, Cerqueda acollerá a VII Foliada que Raigañas celebrará este sábado 31 de marzo a partir das 22:00 da noite nas Escolas das Pozacas. Coma tódolos anos haberá carpa e este ano está confirmada a presencia dos seguintes grupos: Fol de Veneno, Media Ducia, Ferrado e Medio, Lume na Cachela, Pandereteiras de Xornes, gaiteiros de Xornes, Xiradela, Malante, etc. polo que a festa está asegurada e a música e o baile tamén, é unha cita á que non podereres faltar.
Coma sempre o palco estará dispoñible para todo aquel que queira subir a cantar, bailar ou tocar. Este ano como novidade celebrarán a primeira edición da Foliadiña, na cal os máis pequenos poderán demostrar que a música tradicional non está en declive e hai canteira que a vai manter por moitos anos, polo que todo aquel grupo de nenos/as que queira asistir pode facelo e pasar un anaquiño divertido.
Haberá empanada, callos, tarta larpeira e viño do país para cear por un módico prezo.
Novas relacionadas
- Foliada 2010: A foliada máis auténtica celebrouse en Cerqueda.
- Foliada 2009: Festa rachada na Foliada de Cerqueda.
- Os pequenos de Cerqueda abriron o entroido.
- Máis de 200 persoas asisten á presentación do disco A Escote.
- Entroido 2011: Cerqueda recupera o seu patrimonio coa gravación dunha Polafía.
- A canteira pandereteira da Raigañas xa gaña premios .
Fonte
- Nota de prensa das Raigañas de Cerqueda.