Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Concello de Malpica homenaxeu aos seus traballadores xubilados

Xubilados en Malpica
O Concello de Malpica homenaxeu aos seus traballadores xubilados
O Concello de Malpica de Bergantiños quixo render o pasado venres 20 de maio unha homenaxe aos traballadores municipais xubilados. O evento celebrouse no restaurante O Esqueiro, con motivo da festividade de Santa Rita de Casia, patroa dos funcionarios da Administración Local.

Ao acto asistiron os homenaxeados Asunción Loureiro Garrido, Ernesto E. Mancebo Martínez, Carlos Otero Arévalo, Antonio Ures, Carmen Otero Pereira, Jesús A. Fernández Rama, Amado Segade Santos e José Ramón Baldomir. Tamén participaron os funcionarios e membros da corporación municipal.

Homenaxe a xubilados en Malpica

Comentarios