Venres. 26.04.2024
El tiempo

Curso de desfibrilación e primeiros auxilios en Malpica

Curso de desfibrilación e primeiros auxilios en Malpica
Curso de Desfibrilador en Malpica

A Asociación Internacional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias Unidos sen Fronteiras (ASINTES-USF), en colaboración co Concello de Malpica, impartirá a vindeira fin de semana dous cursos destinados a mellorar a formación dos profesionais dos servizos de emerxencias, un sobre soporte vital básico (SVB) e uso de desfibrilador e outro de primeiros auxilios.

Os cursos están abertos a todos os interesados. Os únicos requisitos para participar son ter 18 anos cumpridos, non padecer enfermidade infectocontaxiosa por vía respiratoria ou cutánea e abonar a cuota de inscrición correspondente, fixada en 60 euros polos dous módulos. Ademais, os organizadores aconsellan aos asistentes que leven roupa cómoda, xa que realizarán múltiples manobras de RCP.

Sesións teórico-prácticas

As sesións teórico-prácticas desenvolveranse no Centro Cívico de Malpica no seguinte horario: o sábado día 8, de 09.00 a 13.00 e de 15.00 a 19.00 horas, e o domingo día 9, de 10.00 a 14.00 horas. O curso está avalado polo Plan Nacional de RCP e a Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias (SEMICYUC), e os instructores están acreditados polas mesmas entidades.

Desfibrilador

O Concello de Malpica aproveitará a celebración dos cursos para formar aos traballadores dos servizos de emerxencias municipais. A Concellería de Seguridade Cidadá e Tráfico vén de adquirir un desfibrilador que terá á súa disposición a Policía Local para atender calquera incidencia. O concelleiro delegado da área, Alfredo Cañizo, pretende seguir ampliando a dotación de diferentes servizos e instalacións municipais con este tipo de dispositivos, que, chegado o caso, poden axudar a salvar vidas.

Máis informcación e inscricións

Os interesados poden anotarse ou recabar máis información a través de [email protected] e [email protected] ou nos números de teléfono 697176216 e 661626163.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios