Martes. 07.05.2024
El tiempo

De infraestruturas e notas de prensa

De infraestruturas e notas de prensa

Cantas notas de prensa son necesarias antes da apertura dunha infraestrutura tan evidentemente necesaria como unha escola infantil?

Hoxe recibimos unha nova nota de prensa sobre a construción dunha gardería en Malpica. E xa é a 4ª (e seguro que algunha deixamos marchar) e aínda non hai unha pedra levantada. Iso si, en en novembro a Xunta aseguraban que estará o vindeiro curso en marcha.

Na nota deste 22 de xaneiro de 2014, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar informa da adxudicación a obra de construción. Un proxecto cun importe de adxudicación de 354.175 euros á entidade Atlántica de construcción y medioambiente S.L.

O único que parece novedoso é a ubicación, no Lugar de Cortés, se ben xa sabíamos que vai ter unha capacidade de 41 prazas. E ademais a nota fala do prazo de execución da construción”, se ben deixa a porta aberta cun “8 meses desde a data de comezo dos traballos”. Para estar activa a comezos do curso que vén, como aseguraban en novembro xa terían que ter comezado.

Seguiremos atentos á obra...

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios