Xoves. 28.01.2021
El tiempo

A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa

Imaxe dunha boia do proxecto MarRisk instalada na ría de Muros
Imaxe dunha boia do proxecto MarRisk instalada na ría de Muros
A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa

Este día 20 cúmprense 2 anos dende o accidente do Silvosa entrando no porto de Malpica. Despois de innumerables esixencias, visitas ao Parlamento, sinaturas presentadas, denuncias… a Xunta segue dando pasiños miúdos a prol da seguridade do peirao. E mentres, os mariñeiros seguen saíndo ao mar todos os días.

Hai 10 meses que a Xunta pedía paciencia, pero nada sabemos do pioneiro radar instalado o pasado mes de decembro. De feito, este venres a Xunta aseguraba ter activado “por primeira vez”, un sistema de previsión de correntes debidas á onda longa na comporta da dársena interior de Malpica.

Deste xeito, despois de practicamente dous anos en balde, a Consellería de Mar a través de Portos de Galicia lanza este novo método experimental que funcionará polo momento en período de probas. Falamos do proxecto MarRisk, baseado en datos de Meteogalicia, que permite estimar cunha antelación de 72 horas a velocidade da corrente que se producirá na comporta da dársena interior do porto de Malpica. Con este dato poderase alertar e orientar aos usuarios sobre as condicións de acceso á dársena interior do peirao.

Os datos serán trasladados desde Portos de Galicia aos usuarios, a través da confraría de pescadores, mediante un documento que recolle a previsión de ondada, a gráfica da velocidade de onda longa e un informe desglosado por horas con tres niveis de recomendación de uso para cada hora representados por un semáforo: verde para o uso recomendado; amarelo, nivel de precaución; e vermello, para o uso non recomendado.

Solución transitoria

Portos lembra que “o traballo dos técnicos séguese a realizar para definir unha solución definitiva ao problema de axitación na dársena de Malpica”. A día de hoxe atópase en licitación a redacción do proxecto cun importe asignado de menos de 100.000 euros.

Novas relacionadas

comentarios