Diplomas, merenda e unha exposición despediron o Pequeoleiros
08:05 28/04/16
Exposicion dos traballos realizados polos participantes no Pequeoleiros
Orgullosísimos marcharon onte para as súas casas os participantes do obradoiro "Pequeoleiros" de Buño coas súas placas co nome para colocar na porta do dormitorio, taboleiros para xogar ao tres en raia, lapiseiros e outros obxectos decorativos feitos por eles mesmos. A creatividade dos escolares de Buño non ten límites, e durante os tres últimos meses tiveron a ocasión de darlle forma con barro no obradoiro, deseñado polo concello de Malpica, a través do ecomuseo do Forno do Forte, e a ANPA Xaviña do colexio Joaquín Rodríguez Otero, para difundir a olería e conseguir que os nenos e nenas manteñan o contacto cunha tradición centenaria.
Trece nenos e nenas participaron no obradoiro de olería impartido por José Antonio Corral
Os trece escolares de tres a doce anos que participaron no taller recibiron onte os seus diplomas. O alcalde, Eduardo Parga; os concelleiros Miguel Fernández e Marisol Blanco; o director do Ecomuseo Forno do Forte, Paco Doval, e o presidente da ANPA Xaviña, José Luis Villar, foron as persoas encargadas de entregarllos. Os nenos e nenas foron agasallados tamén con cadanseu lilo e cunha merenda na que non faltou de nada. Eles, pola súa banda, quixeron agradecer a paciencia do monitor, o oleiro José Antonio Corral, entregándolle unha caixa de bombóns.
A animada xornada rematou cunha visita dos convidados, entre os que se atopaban varias nais, á exposición que recolle os traballos realizados polos participantes no obradoiro.
Novas relacionadas
- O Pequeoleiros chega á súa fin
- Os escolares de Buño toman contacto coa olería
- A deputación cede ao concello de Malpica a xestión do Ecomuseo de Buño
- Os oleiros levantan a Mostra de Olería de Buño
- Buño recuperará o Forno da Costa.
- Os Oleiros de Buño, no Congreso Internacional de Turismo de Ferrol.
- Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño.
- O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello.
- A Mostra da Olería de Buño quere voltar ao Centro Comarcal.
- Os oleiros multiplícanse por Malpica.
- De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño.
- Un oleiro en perigo de extinción.
Últimas Mostras
- 2013: Unha longa semana de olería para celebrar 30 anos de Mostra.
- 2012: O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño.
- Mostra 2010: Unha Mostra de relevo.
- Mostra 2008: Unha semana enteira de barro en Buño.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica