luns. 17.03.2025
El tiempo

O Foro de Actualidade viviu un debate de alto nivel sobre a polarización social

Foro de Actualidade en Malpica
O Foro de Actualidade viviu un debate de alto nivel sobre a polarización social

Unhas 250 persoas ateigaron o Centro Cívico de Malpica para presenciar o I Foro de Actualidade que organizou este pasado sábado a Comisión de Festas Mallas da Area. A entidade amosou a súa satisfacción por situar a Malpica no mundo, e permitir unha xornada de reflexión sobre as cousas que pasan a día de hoxe no planeta, con catro profesionais de índole estatal.

As xornalistas Esther Palomera, Ana Pardo de Vera e Jesús Cintora, e o escritor Juan Manuel de Prada, ofreceron un “debate cun nivel de análise moi superior ao que se pode ver en calquera tertulia televisiva ou de radio, pero moi superior porque se fixeron análises que os propios medios moitas veces non permiten e coa extensión que a radio e a televisión non dan por cálculo de tempos”.

Foro de Actualidade en Malpica 2
Cheo no Centro Cívico

Así nolo conta o propio moderador, o xornalista da TVG Anxo Pérez, co que falabamos a semana pasada, que destaca ”o intenso debate sobre a situación do xornalismo, ou a polarización marca os discursos mediáticos e políticos de xeito interesado”. “É mais necesario que nunca xornalismo que traballa acorde a principios éticos de democráticos. A política camiña cara escenarios incertos polo pulo da extrema dereita en todo o mundo, particularmente desde a victoria de Trump”, relata Anxo. “Europa está fora de sitio, non sabe atopar o seu nin en Ucrania nin en Oriente Próximo”, recolle do debate.

O debate fluído, sen longas intervencións, reflexionou sobre a influencia das redes sociais no criterio e na forma de pensar da sociedade actual. Un ruído, o das redes, que precisamente se viviu de xeito intenso a semana pasada nas redes comarcais, onde uns poucos siareiros da ultradereita intentaron facer balbordo, conseguindo, principalmente, promocionar máis o evento. “Estamos moi contentos e satisfeitos”, recoñece un dos armadanzas, Pedro Mato, que non deixa de artellar actividades e cousas para a vila malpicá.

Só ao final, Anxo debullou varias preguntas directas, como se vai haber eleccións anticipadas (os poñentes concluíron que non agora, pero recoñecendo que Sánchez é imprevisible), avisando que Sánchez non vai ser candidato más próximas, que Feijoo será candidato pero con dúbidas, e que Yolanda seguramente non se presentará. Apuntaro que Podemos está moi vivo e “Leonor será raiña se quere o PSOE”.

Máis novas

 

Comentarios