Malpica abre o segundo depósito e cobre o 80% da poboación

15:50 02/09/22
Pasaron case 3 semanas mes dende que a presenza de trihalometanos deixase sen auga da traída municipal a toda Malpica. A semana pasada, tras moito traballo, o Concello abría o depósito de Pedra Queimada e esta tarde de vernres, pode abrir xa o de Papeiras.
Xa saíron ben 3 analíticas polo que a agua de consumo da Rede Municipal é apta para o consumo humano na distribución que afecta ás seguintes lugares: Filgueira, Pasacondía, Aldeola, Os Barreiros, O Ceán, Fonte dos Bois, Taraio, Piñeiros, Vilarnovo, Seixas e Santiso.
É xa o 80% da poboación o que ten cuberta a situación.