Malpica énchese de castelos de area, copas do mundo e festas do Mar


Non para Malpica. De festa en festa. E estes venres 24, sábado 25 e domingo 26 de agosto, tres días completos de festa nos que non faltará a música das orquestras. As Festas do Mar de Malpica chegan con forza, actuacións estelares como as de Mucha e Nucha, procesión maritima do Carme, e con moitas cousas máis.
Por exemplo, o fantástico XII Concurso de Castelos e Barcalas de Area que terá lugar o venres ás 11:00h na praia de Area Maior, e que xuntará a centos de pequenos e maiores para facer as meirandes construcións.
Ademais, outra cita será importante, pois s trofeos futbolísticos conseguidos pola Selección Española visitan este sábado Malpica. A Copa do Mundo, que xa percorreu a zona, estará desta volta escoltada polos trofeos das Eurocopas, para o deleite dos afeccionados ao fútbol.
As copas poderanse ver nunha o sábado 25 de agosto, de 12:00h a 21:00h Carpa instalada na Praza Anselmo Villar Amigo.
Programa das Festas do Mar
- Venres 24 de agosto:
- Pola mañá Dianas, Alboradas e Pasarrúas
- Sesión vermú coa orquestra Chicas Show.
- Pola noite verbena coas orquestras Limón e Chicas Show. - Sábado 25 de agosto:
- Pola mañá Dianas, Alboradas e Pasarrúas.
- Sesión vermú coa orquestra Marca.
- Pola noite espectacular verbena coas orquestras Marca e Canela-
- Ás 12 da noite actuación estelar coas Cantareiras de Ardebullo Mucha e Nucha.
- Pola mañá Dianas, Alboradas e Pasarrúas.
- Sesión vermú coa orquestra Atenas-
- Ás 5 da tarde Procesión Marítima na Honra da Virxe do Carme.
- Pola noite espectacular verbena coa orquestra Atenas.
- Ás 12 da noite espectacular sesión de fogos artificiais.
Novas relacionadas
- Conta atrás para a Romaría da Barca de Muxía 2012.
- Unha homenaxe convertida nun singular día de festa na parroquia de Mens.
- O turismo mantén viva a Mostra de Olería de Buño.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).