Martes. 30.04.2024
El tiempo

Malpica ten xa programa para as súas esperadas Festas do Mar

Festas do Mar de Malpica 2023
Malpica ten xa programa para as súas esperadas Festas do Mar

Chegou, por fin, o cartel das Festas do mar de Malpica, artelladas pola ACD Mallas da Area coa colaboración da concellería de Turismo e Festexos, a Confradía de Pescadores e a Deputación da Coruña. Do 24 de agosto ata o 27 (unha semana despois da Festa Galega que se celebra esta finde) a vila celebra unha das súas festas máis importantes, con varias citas sinaladas.

Comeza forte a cousa, coa verbena de El Combo Dominicano na xornada do xoves 24.

O venres 25 ás 10.00h animará as rúas de Malpica A.C. Malante. O pregón deste ano corre acago de Manu Baqueiro, ás 14.00 horas.
Ás 19 horas haberá un FIT (Festival Itinerante de Teatro) cos Malpicómicos no paseo da praia ata Canido. Posteriormente ás 20.30 horas haberá o concerto de O Pau que vira e no porto ás 23.00 horas máis concertos cos diversos concertos coa La Duendeneta, Rico&Roll (grupo Beatriz Rico) e The Bon Scott Band.

O sábado 26 pola mañá haberá simultaneas de xadrez a cargo do Cex Gillán e GM Aleska Strikovic. Non te perdas a IV Ruta do Vermú coas acuación de Dúo D´Festa, Antonio Barros e La Duendenta. Xa pola tarde, ás 19.00h, segunda parte do Fit. As 20.00 horas desfruta dos Canto de de Tabrena con Xacarandaina. Charleston Big Band, Disco Móvil LB e DJ Chus Lestayo cerrarán a programación do sábado.

FInalmente, o domingo 27 abrirá pasarrúas coa A.C. Malante e misa solemne cantada na igrexa de Malpica e posteriormente IV Ruta do Vermú con Judith Cundíns e o Tren da Unha.Ás 18.00 horas sairá do porto de Malpica a procesión marítima e a ofrenda á virxe o Carmen na praia.
As 19.00 horas a Charanga ACDC animará as rúas da vila e Regueifas no Paseo da Praia con Antonio e Suso de Xornes. As 00.00 horas Fogos de Artifico no paseo da praia e os concertos no porto de Marlena, Disco Móvil LB e DJ David Expósito pecharán as Festas Do Mar.

XXII de Barcanas e Castelos de area

A singular cita celebrarase o vindeiro 25 de agosto. Poderás inscribirte no Departamento de Educación e Cultura, sito no 1º andar do Centro Cívico de Malpica, rúa Ventorrillo s/n. T.: 981 707 104. En horario de 10.30 a 14.00 horas do 16 ao 23 de agosto e o 25 de agosto, de 10.00 a 10.30, na praia de Area Maior de Malpica.

Concurso de Castelos de Area e Barcanas Malpica 2023

Novas relacionadas

Comentarios