Xoves. 25.04.2024
El tiempo

María Bardanca ofrece unha charla sobre actividade física para os maiores de Malpica

Charla Informativa deporte e saiude en Malpica
María Bardanca ofrece unha charla sobre actividade física para os maiores de Malpica

Xa contou a súa historia de superación como estrella do Futsal á rapaza de Malpica. Este xoves, tocaralle falar aos maiores do seu concello. María Bardanca, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, impartirá unha charla sobre a actividade nos nosos maiores: enfermidades comúns e exercicio máis recomendable. Será este xoves, 7 de abril, ás 10.30 horas no Centro Cívico de Malpica.

A maiores, realizarase un taller práctico de actividade adaptada, con pautas a seguir no día a día. Organiza o Concello de Malpica a través da Concellaría de Deporte, e colabora a Deputación da Coruña.

Novas relacionadas

Comentarios