Venres. 29.03.2024
El tiempo

#XuntasGañamos: O Deporte e a tradición centraron o 8M de Malpica

Maria Varela Bardanca no 8M de Malpica
Maria Varela Bardanca foi protagonista do 8M de Malpica
#XuntasGañamos: O Deporte e a tradición centraron o 8M de Malpica

Completo día no Concello de Malpica arredor do Día da Muller. O Centro Cívico acollía o acto principal, pero as redes estiveron cheas de interesantes vídeos nos que as mulleres son as protagonistas.

Pola mañá tivo lugar no acto celebrado no Centro Cívico, a lectura dun manifesto institucional por parte da concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, afondando no lema “Xuntas Gañamos”. Posteriormente a ex xogadora de fútbol sala, e adestradora do Viaxes Amarelle feminino, María Varela Bardanca, deu unha charla para o estudantado do Concello na que falou do papel da muller no deporte. A traballadora municipal é toda unha referencia na historia do fútbol estatal, pois formou parte nos anos 90 da primeira selección española de fútbol sala feminino.
A rapazada alucinou coas historias de superación desta brava bergantiñá, que falou tamén da importancia doutras deportistas galegas como Ana Peleteriro, en atletismo, ou Teresa Portela, en piragüismo. No caso destas dúas fixo referencia a que é posible que a primeria fose máis coñecida por saír nun programa de televisión que polos seus triunfos. E, no caso da segunda dixo que Portela é a deportista galega con máis medallas e lamentou que posiblemente sexa menos coñecida que Saúl Craviotto. Ambas deportistas forón algúns dos exemplos escollidos para dar conta de como os méritos profesionais as veces non son recoñecidos igual para os homes que para as mulleres. A chave que lles brindou María a rapazada é clara: “Vivades o voso soño disfrutando cos demáis”.

Charla de Igualdade en Malpica

As mulleres en todos os ámbitos

O Concello espallou na súa páxina de Facebook uns vídeos con diversas realidades femininas da volta. A oleira María Canedo Pena conta dende Buño a innovación que está facendo ó mesturar olaría e deseño de moda, gráficos e a música entre outras.

Pola súa banda Icía Varela, de Cerqueda, que leva a música e a filoloxía no ADN destaca, o valor de ensinarlles ós máis novos e novas o canto e o manexo da pandeireta.

Tamén destaca a interpretación realizada pola pandereteira malpicá, Elena Verdes, a música tradicional é o motivo que a fai achegarse á súa terra cada fin de semana. Verdes tamén é a presidenta da asociación cultural Carcaxía, de Seaia, e lembrou que os inicios non foron doados polo escaso liderado das mulleres naqueles tempos debido ás desigualdades de xénero existentes.

Tamén son protagonistas as bravas do primeiro equipo senior femenino do Concello malpicán: a UD Cerqueda.

 

Crónicas do 8M

Comentarios