Sábado. 20.04.2024
El tiempo

"A Mikaela vai ser un festón. Vexo a xente bastante animada polas redes sociais"

MIkaela de Buno a punto
A Mikaela xa está a punto
"A Mikaela vai ser un festón. Vexo a xente bastante animada polas redes sociais"

Aí está a rapazada de Buño collendo días libres para deixar todo preparado para o primeiro gran festón postpandemia. A Mikaela de Buño, e o seu enterro entroideiro, é unha das festas máis importantes para a mocidade da Costa da Morte e este ano adiouse ata este sábado 2 de abril para ter máis unha situación sanitaria máis flexible. Un auténtico Via Crucis de bares, dixirido por unha Mikaela que cargada en tractor vai abrindo paso ata convertirse en cacharela.

O Cura Anon Pequeno dara a misa a Mikaela

Non sen antes recibir a misa cantada a cargo do Cura Añón Pequeno e amenizada polos seus séquitos. Iago Añón colleu o relevo hai varias edicións do seu pai, o panadeiro, eterno párroco que facía as delicias dos presentes coa súa retranca.

Iago é unha da ducia de rapaces e rapazas de Buño que se deixa a vida para que todo saia ben. Miguel Dourado é outro dos armadanzas. Á pregunta de se vai ser un festón, Dourado teno claro: “Eso parece, non? Nas redes sociais parece a xente está bastante animada!”, sinala con grandes expectactivas. A previsión é que “non dan auga, e o frío pásase rápido”, bromea.

Co apoio municipal ao completo, coordinado a través da Consellería de Alfredo Cañizo, este ano hai varias novidades. Os bares, ante a boa perspectiva de xente, están montando por primeira vez barras exteriores. Tamén como novidade, haberá unha charanga amenizando polas rúas da vila. E paralelo ao xa mítico bus descapotable, haberá diversas discotecas móbiles fixas en diferentes puntos do vía crucis para que haia máis zonas onde repartirse.

En Bus

Xa son 20 os buses fletados por @SomosFesta para achegarte á festa, e volve a casa, sen necesidade de coller o coche. Aínda estás a tempo de coller o teu billete.

Outra cousa é a marea de pandillas que organizan a viaxe pola súa conta, polo que o número de buses que se desprazarán ata Buño este sábado é incalculable.

Crónicas da Mikaela

Comentarios