Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Nova edición en marcha do pioneiro Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

certame illas sisargas
No acto desta participaron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, a concelleira de Cultura , Noelia Freijeiro, e o presidente da asociación cultural Caldeirón (entidade que convoca o certame), Paco de Tano.
Nova edición en marcha do pioneiro Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

O XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas púxose en marcha coa presentación da cita nun acto que tivo lugar na mañá deste venres na Casa do Concello de Malpica. O concurso literario, nado no ano 2005 sendo o piobeiro en todo o estado, converteuse neste tempo nunha referencia deste xénero literario nas letras galegas, atraendo cada ano a un maior número de participantes.
Paco de Tano lembrou, do mesmo xeito que o alcalde, a figura de Paco Souto, falecido en 2017, como un dos impulsores deste premio. "Paco e mais eu cumprimos un soño cando o premio se fixo realidade. Agora sabemos que isto non terá fin, e mesmo seguirá despois de nós. Queremos dicirlle a Paco Souto que, alá onde estea, isto segue adiante".

Pola súa banda, Eduardo Parga que "despois de 17 anos vense claramente os logros acadados, cunha participación cada vez maior, obras moi interesantes e de gran calidade".

O prazo de admisión finaliza o 18 de setembro. As obras deberán enviarse ao enderezo [email protected].
Establécese un premio único de 1.500 € (suxeitos ás retencións correspondentes) e a publicación da 1ª edición da obra, con 400 exemplares, na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón.
 

maqueta bases premio illas sisargas copia

Comentarios