Domingo. 04.12.2022
El tiempo

O Campo da Festa de Cerqueda volverá a acoller a IV Fest’Arxa

O Campo da Festa de Cerqueda volverá a acoller a IV Fest’Arxa

A Asociación de Veciños Monte d’Arxa de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) programou para a tarde-noite do vindeiro sábado 23 de xuño de 2012 a cuarta edición da Fest’Arxa, trala bonita festa do ano pasado.

Este evento gastronómico e musical celebrarase no Campo da Festa a partir das 8 da tarde. Asociados e achegados (para estes o prezo do menú será de 10 euros) terán a oportunidade de degustar carne e peixe á grella, ademais de bailar ó son do dúo Trastes.
Ás 12 da noite celebrarase un concurso no que se sorteará unha cea para dúas persoas no restaurante Aldeola.

As actividades complementaranse cunha gran queimada con caña de Padrón e a tradicional cachela da noite de San Xoán.

A IV Fest’Arxa está organizada pola Asociación de Veciños Monte d’Arxa e conta coa subvención do Concello de Malpica de Bergantiños e coa colaboración da Asociación Cultural Raigañas, a Asociación Cabalar Os Veteranos e a Asociación Cultural San Campio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e foto da A. Monte D'Arxa, da man de Xosé Manuel Varela.

comentarios