O Castelao do século XXI expón por primeira vez na Costa da Morte


Se non che aparecen unha ducia de viñetas de O Bichero no teu muro de facebook, has de miralo. Sempre ao pé, facendo da retranca arte, Luís Davila pasa por ser un dos mellores debuxantes de viñetas do país. Dende o Faro de Vigo, cada día, enche de risas o mencer de milleiros de galegos.
E chega á Costa da Morte, por primeira vez, e non só para expoñer 60 viñetas publicadas na prensa, se non tamén vén cunha colección pictórica de gran formato, en plan mural, dedicada á muller.
Onte foi inaugurada en Malpica a súa exposición "Entre Liñas", no Centro Cívico malpicán coa presencia do alcalde, Eduardo Parga. O propio Davila tivo tempo par asinar ibros a algún admirador e recibiu a primeira visita en grupo, en concreto do centro Geriatros.
Luis Davila explicou a súa preferencia polos grandes formatos, como queda demostrado coa obra pictórica que presenta en Malpica, e cualificou a colección dedicada á muller como “vitalista” e “colorista”. O artista utiliza pintura acrílica e cores planas que aplica en zonas delimitadas con liñas grosas, coas que vai trazando o debuxo, unha técnica moi semellante, dixo, “á das vidreiras das catedrais”.
No que respecta ás viñetas, Luis Davila reflicte á perfección a idiosincrasia dos galegos, con gran protagonismo para “a xente do agro, do rural, e tamén os mariñeiros”. Tamén entre as 60 viñetas que inclúe a exposición figura un panel dedicado á muller que formou parte dunha proposta arredor do 8 de marzo.
Mostra aberta
A mostra estará aberta ata finais de mes cun horario moi amplo de visitas, tanto de luns a venres coma durante as fines de semana.
Viñetas de Hermanager Humor en QPC
- Hermanager Humor: A Europa a traballar.
- Hermanager Producións: Corcoesto aínda vive.
- Hermanager Humor: O lume de ouro.
- Hermanager Humor: Da febre medieval na Costa da Morte.
- Hermanager Humor: Unha polos afectados das Preferentes.
- Hermanager Humor: Wifi no bar de toda a vida?.
- Hermanager Humor: Atrasando Galicia.
- Hermanager Humor: Operación “Forrest”.
- Hermanager Humor: A río revolto, quebra de Pescanova.
- Hermanager Humor: Os trending topics da Operación Orquesta.
- Hermanager Humor: Tractores contra o ouro.
- Hermanager Humor: Warning! Tubos Xigantes!.
- Hermanager Humor: De minas e corrupción.
- Hermanager Humor, primeira sección de humor gráfico en QPC.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).