Luns. 06.02.2023
El tiempo

O Conselleiro deixa plantada a nai do malpicán Hadrián

O Conselleiro deixa plantada a nai do malpicán Hadrián
Nieves ao sair da reunion ca Xunta Nieves Villar Pose ao saír da reunión ca Xunta á que non acudiu o Conselleiro Esta cara foi a que lle quedou a Nieves Villar Pose esta mañá á saída da Xunta, despois de que o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, non a recibise. Era unha cita concertada dende hai máis dun mes a través da Confederación de ANPAS Galegas. Pero o Conselleiro tiña mellores cousas que facer e enviou a dous funcionarios á xuntanza. E iso que sabía que falamos dun caso tremendamente mediático, e que ás portas da Xunta había moita xente apoiando a causa. Estaban, por exemplo, xentes do cerco que aínda seguen acampadas ás portas de San Caetano, con pancartas de apoio. Estaba tamén a Confederación de ANPAS Galegas, que este martes ofrecerán unha rolda de prensa en Malpica xunto a Nieves, onde explicarán as novas medidas da entidade para asegurar a atención educativa domiciliaria que merece Hadrián como todos os nenos coas mesmas necesidades. O Cerco con Hadrian-Foto-Ana Doldan As xentes do Cerco quixeron aproveitar a súa acampada para apoiar a loita de Hadrián-Foto-Mariñeiros do Cerco Hadrian coa familia as portas da Xunta-Ana Doldan Hadrian coa familia ás portas da Xunta-Foto-Mariñeiros do Cerco

Campaña de sinaturas

Segue en marcha a recollida de sinaturas online por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración, da que Hadrián é a viva imaxe. Van colleitadas máis de 27.000 sinaturas, pero faltan polo menos outras 8.000 para alcanzar as 35.000 inicialmente calculadas como necesarias para poder levar esta iniciativa adiante.  

Comunicado da Confederación de ANPAS Galegas

Hoxe, 9 de novembro de 2015, presentámonos na sala de xuntas da consellería de educación varios representantes desta Confederación que fomos xunto con Nieves Villar, a nai de Malpica que se fixo coñecida nestes últimos tempos por defender o dereito do seu fillo enfermo a ter unha correcta e completa atención educativa domiciliaria. Hai mes e medio que Nieves solicitou esa reunión co conselleiro, e foi esa solicitude a que motivou a convocatoria para hoxe e a nosa presenza alí. Pero mes e medio de agarda despois só tivo como resultado que o conselleiro non estivera, nin ningún outro representante político, senón que fomos atendidos por dous funcionarios da consellería, que nos deron como escusa desa non asistencia a “complicada axenda do conselleiro”; temos que lembrar que nós adaptamos as nosas axendas, igualmente complicadas e respectables, á hora, día e lugar no que nos convocaron, non ao revés. O asunto que nos levou á pedir esta reunión non é menor, trátase do Dereito dun neno á educación. É lamentable, moi lamentable, que a persoa que está dirixindo a administración educativa galega, teña a insensibilidade de non se presentar a unha xuntanza pedida pola nai dese neno e á que el mesmo a convoca. Dá claramente idea de ata que punto estes representantes políticos carecen da conciencia da súa obriga de atención á cidadanía á que deberían servir. Como xa estabamos alí, e tamén porque entendemos que os funcionarios que nos atenderon fixérono dun xeito profesional que non criticamos, utilizamos o tempo para debullar as bases das nosas demandas sobre a atención educativa na enfermidade, malia que indicando que iso debería ser obxecto non dunha senón de moitas xuntanzas específicas, e que podemos resumir nos seguintes puntos que se trataron: - A importancia de elaborar unha normativa que estableza dereitos, non intencións, e que fixe cal debe ser a atención necesaria para cada neno ou nena enfermos. Avanzamos que a nosa demanda é fixar un estándar de 12,5 horas semanais. - A urxencia de convocar unha comisión onde esteamos presentes todos os posibles actores destas situacións, profesorado, nomeadamente aqueles que xa contan con experiencia nesta atención, familias, administración sanitaria e educativa, e profesionais das ciencias da educación; porque se non se fai unha normativa escoitando a todos, o que se faga terá eivas que o inutilizarán. - A necesidade de fixar un protocolo de actuación que faga que esta atención se ligue á diagnose clínica, dun xeito automático e inmediato, de tal xeito que as accións educativas, na medida na que as necesidades médicas o permitan, non se vexan cortadas en ningún momento. O futuro dun neno enfermo é ser un neno san, e a ese futuro ten que chegar fornecido de coñecementos e o máis cerca posible de onde chegaran os seus compañeiros e compañeiras. - A necesidade de contar cun corpo abondo de profesorado con formación específica, para que todos os casos que xurdan poidan ser atendidos coa urxencia que necesitan. - A importancia de que esa atención chegue tamén aos casos de ensino secundario, mesmo aínda con máis inminencia cando que son idades onde a enfermidade e a súa superación poden marcar moito máis a vida futura Por último, fixemos especial fincapé en traballar agora mesmo en dúas direccións ao mesmo tempo: - Atendendo aos nenos que agora están enfermos, porque precisan dunha solución inmediata e están actualmente mal atendidos. - Traballando para mellorar a realidade coa que se van atopar os enfermos futuros, para o que ofrecemos toda a nosa colaboración. Mañá, martes 10 de novembro, explicaremos tamén isto na rolda de prensa que celebraremos en Malpica, no salón de plenos do Concello, onde estará Nieves Villar, xunto con Javier Sánchez, presidente desta Confederación e Bertila Fernández, a nosa secretaria. Pero pensamos que a noticia de que o conselleiro convoca e non asiste merecía unha difusión rápida que vos agradecemos que fagades. Novas relacionadas Fonte

comentarios