Mércores. 25.05.2022
El tiempo

O POS tamén enfronta a goberno e oposición en Mazaricos

O POS tamén enfronta a goberno e oposición en Mazaricos

Numerosos problemas está xerando o Plan de Obras de Servizos na bisbarra. A elección das obras a acometer, e as empresas adxudicatarias, xa enforntaron a goberno e oposición en Muros, ou Vimianzo. Hoxe chéganos un novo problema xerado en Mazaricos.

O Partido Independiente de Mazaricos (Pimaz) culpa o executivo de José Manuel Santos Maneiro de "seguir gobernando o concello de maneira oculta".
A sorpresa, para o grupo da oposición, saltou cando pasan os días e dende o concello non convocan a "Comisión Informativa Especial de Contas" para a elaboración do Plan de Obras e Servicios do Exercicio 2012, na cal se propón os novos investimentos a realizar e as melloras das actuais.

"Os concelleiros temos dereito a ter información antes do pleno para poder comprobar o que vamos a votar", afirma Nico Martínez, voceiro de PIMAZ. Pero segundo aseguran "non tivemos tempo para ver o que e iamos votar, descoñeciamos as obras propostas, que carreteras se trataban… é dicir, tratabase de ir a un encerrona".

O problema é que o POS ten que saír adiante antes do 30 de novembro porque se non, serán 355.229 euros que marcharán de Mazaricos.

Iso si, dende Pimaz piden cabeza: "Dende o Pimaz volvemos a criticar o uso abusivo de zahorra, os camiños volven a ser arranxados pasado moi pouco tempo, e decir, volvemos a gastar sobre o mesmo. Non será mellor facer algo menos pero facelo ben, evitando, así, gastos innecesarios".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Nico Martínez Almallo, Portavoz municipal do Pimaz.

comentarios