Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os oleir@s despiden a Mostra paralela cunha manifestación

Manifestacion pola defensa da Oleria de Buno
Manifestación dos oleir@s pola defensa da Oleria de Buno
Os oleir@s despiden a Mostra paralela cunha manifestación

Cunha concentración protesta rematou a Mostra de Olaría sen oleir@s organizada polo Concello de Malpica. Os oleir@s da vila, acompañados dunhas 300 persoas, saíron á rúa coas camisolas “Pola Defensa da Olería de Buño” que xa percorren o país para pedir respecto á súa profesión.

Unha Mostra que se desenvolveu sen demasiada afluencia, con exposicións de pezas e algunha demostración pero sen o impacto doutras datas.

A Asociación de Olería de Buño (teñen o nome rexistrado por iso o Concello tivo que chamarlle Mostra de Olaría) continúa solicitando a saída do edil Alfredo Cañizo da área, mentres que dende o Concello aseguran que fixeron todo o posible por manter as pontes tendidas.

Manifestacion pola defensa da Oleria de Buno 2

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios