Martes. 19.03.2024
El tiempo

"Pabbar", o lobo mariño rescatado en Barizo, evoluciona favorablemente

Pabbar lobo marino no CEMMA
Pabbar, o pequeno lobo mariño rescatado polo CEMMA na praia de Barizo
"Pabbar", o lobo mariño rescatado en Barizo, evoluciona favorablemente

Informa hoxe o CEMMA e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, dunha boa nova. “Rube”, o cachorro de lobo mariño rescatado en Valdoviño o pasado mes de novembro moi desnutrido e con varias feridas, será liberado nas próximas horas en augas do Gran Sol. Tras completar a súa recuperación en terra, mañá está previsto que o animal embarque desde o porto do Berbés (Vigo) no arrastreiro Patricia Marta, no que será trasladado ao norte, ata atopar un lugar axeitado onde proceder á súa solta en augas internacionais.

Esa mesma semana, o 28 de novembro, o CEMMA rescatou tamén a “Pabbar” na praia malpicá de Barizo. Tiña apenas 2 mesiños, estaba moi deshidratado e presentaba unha pequena obstrución dixestiva, que o mantiña con apenas 19 quilos de peso e coa mobilidade do terzo superior do corpo limitada por unha luxación articular.

Foi trasladada ao centro que a CEMMA ten en Nigrán, e a súa recuperación é favorable, polo que será trasladado este xoves á piscina externa que o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) ten na Illa de Arousa, iniciando así a segunda fase da súa recuperación.

Novas relacionadas

Comentarios