Martes. 30.04.2024
El tiempo

Un percorrido polos espazos vinculados ao poeta Paco Souto en Malpica e Santiago de Compostela

CARTEL ROTEIRO MALPICA Paco Souto Deputacion
Un percorrido polos espazos vinculados ao poeta Paco Souto en Malpica e Santiago de Compostela

No mes de marzo fanse 6 anos do falecemento do poeta, editor, activista cultural e social Paco Souto. E a Asociación Caldeirón, creada polo propio percebeiro e Paco de Tano, xunto coa Deputación queren lembralo. Fano con dous roteiros, que terán lugar o sñabado 16 de setembro en Malpica e o 30 do mesmo mes en Santiago de Compostela.

Neles participarán poetas como Xosé Iglesias e Rosalía Fernández Rial que lerán textos do autor. Os dous roteiros estarán guiadas polo noso Miro Villar (escritor e amigo do autor homenaxeado) e finalizán coa actuación musical de de Serxio Moreira.

A deputada Soledad Agra, explicou que dende o ente provincial queren renderlle homenaxe ao autor lendo a súa obra, axudando a visibilizala mais tamén lembrando aqueles espazos en que fixo activismo, poesía, traballo de base, asociacionismo,..”.

Paco Souto

Nado na Coruña o día 12 de outubro de 1962, Paco Souto desenvolveu un intenso labor cultural e social.  Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón, desde a que promoveu o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. Igualmente, foi o principal responsable da Editorial Caldeirón, un auténtico viveiro todos estes anos de renovación literaria. A título póstumo gañou o premio ao mellor poema galego do certame aRi[t]mar galiza e portugal.
A finais do ano 2019 publicouse un poemario, Luz de incendios, que non chegou a ver a luz na vida do autor.

Comentarios