O pleno malpicán aproba a instalación dun ascensor para a Casa do Concello
Este pasado 30 de agosto, celebrouse un pleno extraordinario no Concello ás 13:15 horas. Era o primeiro pleno trala saída do goberno de Alfrezo Cañizo.
No primeiro punto, acordouse, cos votos a favor do PP e as abstencións de AIM; BNG e PSOE, destinar os fondos do plan POS+ ADICIONAL 2/2024 ás seguintes obras:
- Instalación dun ascensor na Casa do Concello cun orzamento de 96.435,35 €.
- Impermeabilización e pintado das fachadas da Casa dos Oleiros cun importe de 43.529,42 €.
- Gasto corrente: 71.428,11 €.
Determinación dos festivos locais para o ano 2025.
Respecto ao segundo punto da orde do día, os festivos locais para o ano 2025 quedaron establecidos no 4 de marzo, Martes de Entroido, e o 22 de agosto, Festas do Mar. Neste caso, todos os grupos municipais votaron a favor salvo AIM que se abstivo.