Martes. 07.05.2024
El tiempo

O PP Malpica aposta pola “estabilidade”

FOTOS PP MALPICA - Mitin Central Eduardo Pargha
Eduardo Parga
O PP Malpica aposta pola “estabilidade”

O Centro Cívico de Malpica, que esta tarde acolle o debate de QPC, presentou un cheo para o mitin central de campaña do Partido Popular.

O alcalde e candidato Eduardo Parga defendeu a necesidade de “apostar pola consolidación dun proxecto que pouco a pouco está facendo espertar a Malpica da parálise á cal a someteu o goberno socialista”. Nesta liña, tamén fixo fincapé na importancia “de dotar ao noso municipio de estabilidade, de asentar unhas bases sólidas sobre as que medrar apostando por un equipo experimentado e con ganas de traballar por e para o noso pobo”.

Centro CIVICO Malpica ateigado PP

Na súa intervención fixo balance dalgunhas das principais liñas de acción desenvoltas polos populares; “grazas ao traballo do Partido Popular Malpica conta a día de hoxe de infraestruturas como unha nova depuradora, unha gardería, un centro de saúde e moi cedo cun centro de día que será unha referencia na comarca”, sinalou Parga.

Ao remate, avanzou algunhas das propostas de futuro coas que a agrupación agarda seguir mellorando Malpica a partir do vindeiro 28 de maio; “desenvolveremos un plan de mellora de estradas nas parroquias, ampliaremos as redes de saneamento e abastecemento e materializaremos a renovación integral da iluminación exterior do municipio”.

Tamén sinalou o emprego como un dos eixos vertebrais do seu programa e avanzou como parte do programa a creación dun viveiro de empresas para fomentar o emprendemento e rebaixas no prezo do solo industrial e a promoción de medidas fiscais e axudas á contratación de veciños de Malpica.

Finalmente, sinalou as medidas a adoptar en materia de cultura, patrimonio, turismo e servizos sociais, onde destaca o compromiso pola “inminente posta en marcha do centro de día”.

FOTOS PP MALPICA - Mitin Central (3) copia

Comentarios