Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O programa “Seráns na Vila” completa o Cine na Rúa en Malpica

seráns na vila Malpica
O programa “Seráns na Vila” completa o Cine na Rúa en Malpica

Ademais do programa de Cine da Rúa, o completo programa de actividades de verán do Concello de Malpica ten outra arista divertida cos “Seráns na Vila”.

Trátase dunha serie de actividades culturais e de entretemento durante os meses de xullo e agosto. O calendario de eventos inclúe actuacións musicais, representacións teatrais e actividades ao aire libre en diferentes localizacións, como a área recreativa de Río de Vaa e o Paseo da Praia. O obxectivo é ofrecer un espazo de encontro e diversión para todos os públicos.

Xa arrincaron o pasado 7 de xullo e continúa este día 13 con este calendario de actividades:

  • 13 de xullo: Concerto de A Banda do Verán (20:00) no Paseo da Praia.
  • 27 de xullo: Rogelio la Fete e As Sirópatas (20:00) no Paseo da Praia.
  • 3 de agosto: Cabicicla de Pablísimo (20:00) no Paseo da Praia.
  • 10 de agosto: As Minas do Rei Salomón de Teatro Ghazafelhos (20:00) no Paseo da Praia.
  • 25 de agosto: Actuación da Banda de Música de Abegondo (17:00) polas rúas da vila.
  • O Concello de Malpica convida a todos a participar e gozar destas actividades do verán malpicán con cultura e diversión.

Máis info

Comentarios