O PSOE de Malpica pide ao goberno local que invista os 2 millóns de remantente en obras e unha campaña para o comercio

Acompañado polo novo secretario xeral provincial, Bernardo Fernández, e da executiva local liderada por Adrián Suarez, Pardo lembrou que “xa en decembro do 2020, cando aínda estabamos no goberno en plena pandemia do coronavirus, propuxemos liberar 750.000 euros do remamente para obras e proxectos, pero o PP negouse”.
Bernardo, apoiou a proposición destacando que “é un exercicio de responsabilidade fronte á actual paralise municipal derivada da moción de censura”.
Que medidas
Por un lado, propoñen “unha campaña de bonos de 30 euros para o seu consumo no comercio local por parte dos veciños empadroados”, explicou o voceiro do PSOE.
Paralelamente tamén consideran que se poderían acometer obras no paseo de Canido; o miradoiro do Camiño do rio; a rúa Boa Vista (Seaia); o rueiro do Petón; unha senda en Vilarnovo; o arranxo do mercado municipal, e os inicios dos trámites para a expropiación dun paseo turístico en Atalaia, un proxecto para facer unha vía nova na rúa Escorial, e outra expropiación para unha saída/entrada por Villadebe.< br/>Haberá tamén traballos en Barizo; Buño; Cambre; Cerqueda, Leiloio; Mens, e Vilanova. “Todas as obras mellorarán a vida dos veciños e veciñas de Malpica”, rematou Pardo.