Venres. 19.04.2024
El tiempo

Adrián Suárez, escollido novo Secretario Local do PSOE de Malpica

Adrián Suárez, escollido novo Secretario Local do PSOE de Malpica

Continúa a renovación nos grupos socialistas locais da comarca, despois da realizada a nivel nacional e provincial. Desta volta foi a Executiva Socialista de Malpica a que escolleu nunha asamblea extraordinaria e por unanimidade a Adrián Suárez como secretario xeral local, separando a parte orgánica da política.

Seguirá sendo Walter Pardo o voceiro municipal e candidato para as eleccións do vindeiro 2023, que "confío plenamente na renovada executiva para recuperar a alcaldía". Unha executiva na que estarán Sergio Manuel García será secretario de Organización; Manuel Piña levará a secretaría de Política Social; Ana Vanessa Andrés, a secretaría de Igualdade e Mobilidade; Tania Gloria levará Turismo, Asociacionismo e Cultura, e Adrián Blas a área de Pesca e Redeiras. Todos eles e elas entran por primeira vez na Executiva do PSdeG de Malpica.

Repiten na Executiva Amparo Rocío Pombo (Memoria Histórica); Javier Añón en Participación, Comunicación e Portavocía, mentres que ocupará a presidencia de honra Gloria Carril.

Adrián puxo o obxetivo nás seguintes eleccións municipais: “Necesitamos gañar as municipais, porque somos o único partido que pon en valor a riqueza do noso concello e tamén porque a Malpica se lle acaban as oportunidades de salida do bloqueo que o Partido Popular se empeña en implantar”.

Novas relacionadas

Comentarios