Luns. 06.12.2021
El tiempo

O PSOE de Malpica, respaldado polo PSdeG, avisa que Cañizo podería rematar investido alcalde

Gonzalo Caballero Walter Pardo
Gonzalo Caballero con Walter Pardo na última visita á lonxa malpicá
O PSOE de Malpica, respaldado polo PSdeG, avisa que Cañizo podería rematar investido alcalde

Envorco político de 180º o que vive Malpica nunha semana. Da dimisión de Alfredo Cañizo do grupo de goberno á presentación da moción de censura en apenas 8 días, deixa ao PSOE nunha situación comprometida.

Un grupo socialista que afronta os seus posibles últimos días no goberno, pero quere expresar a súa indignación ante a decisión do PP de manterlle as áreas de Servizos, Agro, Seguridade Cidadá, Medio Rural e Turismo ao edil non adscrito, convertido en eterna chave de goberno na democracia malpicá.

Dende o PSOE non entenden como “o PP, despois de expresar o seu total rexeitamento ao modelo de xestión nas súas áreas pleno a pleno, agora lle mantén as carteiras”. Afirma o PSOE que “existe a posibilidade de asignarlle a tenza de alcaldía, condición sine qua non para firmar o pacto que derroque aos socialistas do goberno malpicán e que demostra as ansias de poder do concelleiro independente”.

De naufraxio

O aínda alcalde Walter Pardo, en clave mariñeira, criticou as verbas de Cañizo de que “abandonaba o barco antes de que se afundise”. “Eu non penso abandonar o barco ata que así o esixa a lexislación”, sinalou Pardo, insistindo en que “lle debo lealdade á xente que depositou en min a confianza. Non está no meu interior escapar ás primeiras de cambio”.

Aproveita o rexedor para criticar a “imposibilidade de diálogo durante estes dous anos cunha persoa que se amosaba altiva, tanto cos seus compañeiros e compañeiras de goberno como co persoal técnico e funcionarial, cuns aires de soberbia e prepotencia impropios dunha persoa que ostenta un cargo público”.

Respaldo de Caballero

Dende Santiago, o PSdeG manifestou hoxe o seu apoio a Walter Pardo, “un alcalde de referencia” para Malpica ao longo dos últimos dous anos, e reprobou “as operacións escurantistas” postas en marcha polo PP para acceder á alcaldía a través dunha moción de censura cun concelleiro non adscrito. “Walter Pardo sempre estivo a carón das necesidades da vila e da súa veciñanza”, sinalou Gonzalo Caballero.

Novas relacionadas

comentarios