Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Recuperando a Croa do Castro

Recuperando a Croa do Castro
Vista aerea da Croa do Castro, Cerqueda, Malpica-Captura de Xose Manuel Varela

Botaba a andar en decembro e o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda xa vai collendo forma. Forma para recuperar a tradición arqueolóxica oleira que fai de Buño unha das capitais mundiais do barro.

A semana pasada foi outra semana importante para o proxecto, pois o Concello de Malpica e as asociacións, seguen avanzando no proxecto que fará posible o redescubrimento para toda a poboación dun castro da Idade do Ferro máis grande e complexo ca o de Borneiro (Cabana). Continando así unha interesante labor de recuperación do patrimonio arqueolóxico e etnográfico que comezaba coa reuperación do Forno da Costa.

A reunión contou coa presencia do alcalde Eduardo Parga; o concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo; Xosé Manuel Varela e Manuel Chouciño, en representación das entidades da parroquia de Cerqueda que están a traballar tamén na recuperación do xacemento; o profesor da USC Manuel Gago e técnicos municipais de Cultura e Urbanismo.

Pasos

Neste momento falta por solventar un último trámite burocrático, que o Concello de Malpica espera ter listo no mes de setembro, para que poida comezar o desenvolvemento do proxecto de posta en valor. O traballo inicial consistirá na limpeza do castro e do seu entorno, para o cal levarase a cabo unha campaña de captación de voluntarios coa finalidade de conseguir que os veciños e veciñas se impliquen directamente no proxecto.

A proposta inclúe, ademais, a elaboración dunha páxina web que recollerá toda a información sobre o Castro da Croa e a parroquia de Cerqueda; así coma a organización de actividades para escolares, charlas informativas e un vídeo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios