Por unha rúa para Luís Cancela Vecino, “o mellor alcalde que tivo Malpica”
Poucas veces un político ten un consenso de todas as forzas políticas. Pero así o comprobamos a semana pasada, cando o pasamento de Luis Cancela Vecino, foi lembrado por todas as forzas políticas nas redes sociais. Cancela foi o primeiro Alcalde elixido democraticamente no ano 1979 permanecendo no cargo ata o ano 1991. Baixo as siglas do BNG “realizou unha inxente labor que perdura no paso do tempo”, poñendo en “funcionamento os principais servicios e infraestruturas, e realizou unha labor importantísima tanto no eido cultural como no deportivo”, destacan dende o BNG local.
Nese sentido, o voceiro Miguel Varela vai facer unha petición formal ao grupo de goberno para realizar un acto público de recoñecemento e unha rúa ou espazo urbano ao seu nome.
Varela lembra a súa honestidade e xenerosidade no mundo da política, pero non esquece que que foi profesor e director do IES Monte Neme de Carballo. “Un bo político, bo mestre e mellor persoa”, defíneo Varela, que ten claro que foi “o mellor alcalde que tivo Malpica”.