Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha recollida de lixo eficiente?

Unha recollida de lixo eficiente?

Cantas veces pasa o camión do lixo pola túa rúa? Sería unha pregunta interesante de descubrir. Porque os que vivimos en casco urbano pagamos un servizo de por 6 días á semana na recollida de lixo. Pero en moitos lugares, como no de Canido (Malpica) só se recolle, normalmente, 1 día (se ben en xullo e agosto, uns 3 días semanais). Así nolo conta Adrián Abella, veciño da zona malpicá que non entende o procedemento e que protesta por mellorar a eficiencia da recollida. Nesa estiveron algunha Mancomunidade pero nin para iso foron capaces de unirse os concellos da zona como para pensar na fusión...

O caso é que hai moitas cousas incongruentes arredor da normativa municipal. Unha normativa que esixe depositar o lixo nos contenedores ás últimas horas da tarde." E para que?" pregúntase Abella "se tardan unha semana en recollela".
A mesma normativa obriga aos adxudicatarios da recollida a lavar os contenedores periódicamente, pero segundo Abella "nunca se lavaron por dentro, e por fora: unha vez cada varios anos, e máis a auga cando chove".
Por se fóra pouco, "a rúa nunca se barreu" malia que algúns veciños sinalan que o Concello si que o ten feito algunha vez.

Así, e tras denunciar ante a Policía Local estas e outras deficiencias do rueiro, Abella procedeu a devolver estes recibos como protesta. Agora debe 33,3 € máis 3,3 € de intereses máis os intereses de demora...
E veremos como continúa a cousa, pero o certo é que a denuncia do mal funcionamento do servizo de recollida do lixo é algo que non facemos, pero que deberiamos facer unha vez que pagamos por elo e non se cumpren as normativas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios