venres. 08.11.2024
El tiempo

Unhas 15.000 persoas visitan Buño durante a Mostra da Olería

Unhas 15.000 persoas visitan Buño durante a Mostra da Olería
  A cocedura tradicional, que se celebra durante a Mostra da Oleria, e unha das actividades que atrae a unha boa cantidade de publico A cocedura tradicional, que se celebra durante a Mostra da Olería, é unha das actividades que atrae a unha boa cantidade de público O balance da Mostra da Olería de Buño “só pode ser positivo”, manifestou onte o alcalde de Malpica - Eduardo Parga Veiga -  durante o acto de clausura da 33ª edición da mostra. As 5.500 visitas ao Ecomuseo do Forno do Forte e entre 8.000 e 9.000 ao parque Luciano García Alén demostran que o evento está máis que consolidado. “Entendemos que a Mostra da Olería mantense, e anímanos a seguir traballando para que medre”, engadiu o rexedor. A organizacion da Mostra da Oleria mostrou a sua satisfaccion polas vendas A organización da Mostra da Olería mostrou a sua satisfacción polas vendas Ao igual que nas anteriores edicións, o groso das visitas concentráronse durante as dúas fins de semana, e especialmente nesta última, na que houbo momentos de auténtica avalancha segundo indican dende a organización. A presidenta da asociación Oleira de Buño, Carmen Isabel Labrador, considerou que as cifras son especialmente boas tendo en conta o tempo de praia e a amplísima oferta festiva e cultural en toda a contorna. En canto ás vendas, a presidenta dos oleiros sinalou que tamén se mantiveron nas cifras do ano pasado. Próxima edición Tanto a asociación Oleira de Buño coma o concello de Malpica, que comparten as tarefas organizativas, expresaron a intención de empezar a preparar canto antes a vindeira edición. “Hai que ter en conta que a Mostra da Olería é un referente a nivel autonómico, por calidade e porque estamos a falar dunha parte moi importante do noso patrimonio artístico e cultural. Por iso dende o goberno municipal apoiarémola en todo o que faga falla”, asegurou Eduardo Parga. Durante o acto de clausura, o alcalde aproveitou para agradecer o apoio económico da Deputación da Coruña para poder organizar unha das mostras máis completas da historia, non só pola oferta de artesanía, que incluíu cestería e soprado de vidro ademais de olería, senón tamén polo amplísimo programa de actividades paralelas, coa Cocedura Tradicional ou os obradoiro no Ecomuseo do Forno do Forte, a multitudinaria visita dos Bolechas, o tren turístico ou o variado cartel musical, que concluíu onte coa actuación das gaiteiras Habelas Hainas. O grupo Habelas Hailas encargouse de pechar o variado cartel musical que acompanou a Mostra da Oleria O grupo Habelas Hailas encargouse de pechar o variado cartel musical que acompanou a Mostra da Oleria

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

   

Comentarios